Nova

A Xunta participa na xornada do proxecto de cooperación territorial europea ACTIV-N


Ourense, 3 de marzo do 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na inauguración da xornada do proxecto europeo ACTIV-N, iniciativa de cooperación territorial europea. A xornada tivo lugar na Facultade de Educación e Traballo do campus universitario de Ourense.

Trátase dunha proposta de cooperación da rexión atlántica que se centra en cuestións como a inclusión social e a atención aos colectivos máis vulnerables, como as persoas maiores, ou a xestión dos riscos ambientais e climático. Unha vintena de entidades europeas participan neste proxecto.