Nova
A Xunta defende a colaboración interinstitucional como un dos eixos principais da loita contra a violencia de xénero
Roberto Barba explicou que o Goberno galego traballa os 365 días do ano impulsando novas medidas e recursos que fomenten a acción coordinada contra as violencias machistas
Padrón (A Coruña), 30 de xaneiro de 2026.
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá na mesa interinstitucional de loita contra a violencia machista celebrada no CEIP Flavia de Padrón e onde defendeu o papel destes recursos. Deste xeito, trasladou a aposta da Xunta pola colaboración entre institucións e tecido social como un dos eixos principais para combater a violencia contra as mulleres.
Roberto Barba explicou que o Goberno galego traballa os 365 días do ano impulsando novas medidas e recursos que fomenten a acción coordinada contra a violencia de xénero, especialmente a sensibilización entre a cidadanía. Neste sentido, lembrou que a Xunta mantén aínda aberto o prazo ata mediados de febreiro para que as administracións e entidades locais que forman parte da rede galega se adhiran á campaña Agresión Off, que realiza actividades de prevención na rúa e eventos públicos coa veciñanza dos municipios.
Así mesmo, trasladou o compromiso da Xunta coa recuperación das vítimas e que sitúa a Galicia como un referente neste eido e animou aos concellos a sumarse tamén á convocatoria de axudas para fomentar a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero. Trátase, indicou, dun programa específico no que se potencia a súa independencia económica