Nova

A Xunta celebra os 37 anos de traballo do centro ocupacional O Saiar na inclusión das persoas con discapacidade intelectual


Caldas de Reis (Pontevedra), 19 de decembro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participaron esta mañá na celebración do 37 aniversario do centro ocupacional O Saiar. Durante o acto, destacou o importante labor que desempeña a prol da inclusión das persoas con discapacidade intelectual na contorna.

Este aniversario coincidiu tamén coa celebración de Nadal da entidade, polo que se expuxeron diferentes traballos realizados ao longo do ano polos usuarios. Así, Begoña Abeijón destacou unha vez máis o esforzo dos membros de O Saiar que demostran en cada peza a súa habilidade e talento. Ademais, a directora xeral trasladoulles o compromiso da Xunta de seguir impulsando iniciativas que supoñan unha mellora na súa calidade de vida.