Nova

Fabiola García recibe a persoal e usuarios do centro ocupacional O Saiar de Caldas de Reis


Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu hoxe a persoal e usuarios do centro ocupacional O Saiar, que, un ano máis, fixéronlle entrega da decoración de nadal elaborada no centro. Fabiola García agradeceulles o detalle e desexoulles unhas boas festas a eles e ás súas familias.

Ademais, a conselleira quixo poñer en valor as máis de tres décadas de traballo en favor da autonomía e da formación das persoas con discapacidade intelectual que atesoura este centro, situado no concello pontevedrés de Caldas de Reis. Nas súas instalacións lévanse a cabo diferentes obradoiros de cestería, xardinería, artesanía ou encadernación, que axudan a mellorar a capacitación laboral dos seus usuarios.