Nova

Fabiola García reúnese con representantes do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia


Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión de traballo con representantes do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). No encontro, detallou os avances acadados pola Xunta coa implantación do plan axilización da dependencia e da discapacidade e escoitou ás demandas das colexiadas do traballo social que realizan as súas funcións no ámbito dos servizos sociais da Xunta de Galicia e dos concellos.

Na reunión, á que asistiu a presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, e o coordinador do colexio oficial, David Gontán, a conselleira estivo acompañada pola secretaria xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, María Francisca Gómez, e do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey.