Nova

A Xunta felicita á asociación Alborada pola exposición ‘Haters&Lovers’, iniciativa que busca concienciar sobre o bo trato entre a mocidade


Vigo, 4 de decembro de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá a exposición da asociación Alborada Haters&Lovers: e ti que ves sendo? no centro comercial Gran Vía de Vigo. Trátase dunha iniciativa que promove os valores de bo trato e  igualdade entre a mocidade.

Jacobo Rey trasladou os parabéns do Executivo galego a esta entidade por impulsar iniciativas que afondan na educación social e fomentan a prevención da violencia entre as xeracións máis novas. Neste sentido, lembrou que a Xunta mantén unha estreita colaboración con todo o tecido social para chegar a poboación que máis o precisa e contribuír así na construción dunha Galicia Calidade máis igualitaria, xusta e solidaria, especialmente coa infancia e a adolescencia.