Nova
A Xunta pon en valor as actividades interxeracionais que fomentan o diálogo entre os maiores e a mocidade
Ponteceso (A Coruña), 27 de novembro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá nas xornadas interxeracionais que se celebran na casa do maior de Cospindo, en Ponteceso, e que reúne a maiores e mozos da contorna para abordar diferentes temáticas, nesta en concreto sobre a violencia de xénero. Neste sentido, a Xunta pon en valor estas actividades que fomentan o diálogo e fomentan a reflexión entre os diferentes grupos de idade.