Nova

A Xunta felicita aos usuarios de Aspanas polo seu esforzo e dedicación para celebrar unha nova edición do seu mercadiño de Nadal


Ourense, 24 de novembro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel pardo, asistiu hoxe ao tradicional mercado de Nadal da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanas) onde puxo en valor o traballo que realizan dende a entidade. Alí, felicitou aos usuarios polo seu esforzo e dedicación para celebrar un ano máis este tradicional evento propio destas datas.

Begoña Abeijón destacou que un ano máis este mercado permite dar visibilidade ao traballo que realizan os usuarios e profesionais da entidade. Por iso mesmo, agradeceu o labor que desenvolve Aspanas tanto na atención dos usuarios como a través deste tipo de iniciativas que lle dan visibilidade e os integran na comunidade.

Deste xeito, a directora xeral lembro que a Xunta de Galicia mantén unha ampla rede de colaboración coas organizacións do terceiro sector para seguir impulsando unha Galicia Calidade que pon no centro ás persoas con discapacidade. Ademais, animou a toda a veciñanza a pasar estes días polo mercadiño e mercar algún dos produtos realizados polos usuarios de Aspanas.