Nova
A Xunta destaca o traballo de Agadea na inauguración da ampliación do seu centro de día en Salgueiriños
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á inauguración da ampliación do centro de día para persoas maiores de Salgueiriños, xestionado por Agadea. Con esta reforma, a capacidade do centro pasa de 26 a 40 prazas.
Antón Acevedo destacou o traballo que leva a cabo Agadea no ámbito da atención ás persoas maiores con dependencia e sinalou que coa ampliación do seu centro poderá atender a un maior número de persoas da área de Santiago. Ademais, puxo en valor a rede de centros de atención diúrna coa que conta Galicia, os cales son fundamentais para mellorar o nivel de autonomía dos seus usuarios.