Nova
A Xunta incide na formación e o acompañamento para mellorar a calidade de vida dos enfermos de ELA e das súas familias
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou esta mañá a importancia da formación, da aprendizaxe e do acompañamento para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e das súas familias. Díxoo na apertura dunha xornada formativa organizada por AgaELA e apoiada pola Xunta que ten lugar hoxe nas instalacións do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi).
Este encontro está dirixido a familias, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, e forma parte do proxecto VivELA Diga financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade. A xornada incluíu unha charla a cargo da doutora García Sobrino, da Unidade ELA do Departamento de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), así como obradoiros de fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional.