Nova
A Xunta reúnese cos Bancos de Alimentos para abordar diferentes cuestións relativas o seu funcionamento
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2025
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reuniuse esta mañá en San Caetano con diferentes representantes dos Bancos de Alimentos de Galicia. Neste encontro abordaron diferentes cuestións relativas ao funcionamento destes servizos de cara ao próximo ano como a posta en marcha do programa Básico ou as liñas de colaboración que a Xunta mantén con estas entidades.