Nova

A Xunta participa na presentación do cupón da ONCE que conmemora os 600 anos da chegada do pobo xitano á Península


A Coruña, 4 de novembro de 2025

 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na presentación do cupón da Once que conmemora a chegada do pobo xitano á península. O acto celebrouse na fundación Secretariado Gitano da Coruña co obxectivo de poñer en valor a historia e o patrimonio cultural que atesoura este colectivo no noso país.