Nova
A Xunta inviste máis de 300.000 € na mellora da infraestrutura da residencia pública autonómica Volta do Castro
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a residencia de maiores pública autonómica Volta do Casto en Santiago, na que a Xunta está desenvolvendo diferentes actuacións por valor de 300.000 euros e que permitirán realizar melloras na infraestrutura do centro.
Deste xeito, a conselleira explicou que se están cambiando todas as tubaxes de auga, ao tempo que se realizan tarefas de impermeabilización da fachada. Ademais, as actuación van permitir instalar un sistema de enerxía fotovoltaica para mellorar a eficiencia dos maiores. O obxectivo é – recalcou- garantir as mellores condicións para os usuarios e ofrecerlles un espazo cómodo e adaptado as súas necesidades.