Nova
A Xunta apoia con 37.000 euros o programa de Alcer destinado a familias con menores con enfermidade renal crónica
Nigrán (Pontevedra), 25 de outubro de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no encontro de familias con menores con enfermidade renal crónica organizado pola Federación Alcer na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Jacobo Rey sinalou que a Xunta financia con 37.000 euros o programa Medro desta entidade, dirixido a familias con menores que teñen esta doenza.
O director xeral puxo en valor o traballo que desenvolve Alcer para mellorar a calidade de vida das persoas con esta enfermidade. Así mesmo, agradeceu aos participantes neste encontro o seu esforzo e animounos a seguir realizando eventos coma este que serven para poñer en común conductas saudables entre nenos, mozos e maiores; así como para dar máis visibilidade á súa situación e concienciar ao conxunto da sociedade.