Nova

A Xunta presenta á Asociación ACADAR as novidades da Guía específica para a detección da violencia de xénero en mulleres con discapacidade


Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuniuse con representantes da asociación ACADAR para trasladarlles as novidades da Guía específica para a detección da violencia de xénero en mulleres con discapacidade elaborada pola Xunta.

Así mesmo, Roberto Barba explicou tamén que o Goberno galego incluirá na futura Lei de Acoso e Violencia Dixital ás mulleres con discapacidade como colectivo vulnerable á hora de garantir a súa protección.