Nova

Ana Ortiz recibe ao fundador da asociación Discamino


Vigo, 21 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes unha xuntanza co fundador e representante do colectivo Discamino, Javier Pitillas. A representante autonómica ofreceulle colaboración e informoulle sobre as formas de cooperación entre a ONG e o Goberno galego, ademais de coñecer as actividades da asociación e os seus novos proxectos.