Nova
Fabiola García destaca que a Xunta incrementará un 25% a súa aportación á cociña económica de Santiago
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta tarde a cociña económica de Santiago de Compostela, un recurso fundamental na atención aos máis vulnerables e que contará cun incremento do 25% nas achegas da Xunta a través da orde de inclusión.
Deste xeito, a conselleira avanzou que o Goberno galego destinará 150.000 euros a esta entidade que atende a decenas de persoas cada día. Así, puxo en valor o labor que realizan desde as cociñas económicas de xeito desinteresado en toda Galicia, ofrecéndolle as persoas que máis o precisan os servizos máis básicos.