Nova

A Xunta comprométese a seguir traballando para que os maiores desfruten da mellor maneira esta etapa das súas vidas


Fisterra (A Coruña), 1 de outubro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañou hoxe aos usuarios de Ategal que celebraron no hotel O Semáforo de Fisterra o Día Internacional das Persoas Maiores e trasladoulles o compromiso da Xunta de seguir traballando para que poidan desfrutar da mellor maneira posible esta etapa das súas vidas.

Nesta liña, lembrou que o Executivo galego segue ampliando os programas de envellecemento activo, impulsando iniciativas para previr a soidade non desexada e achegando recursos aos maiores para que poidan pasar a súa vellez no lugar que eles escollan.