Nova

A Xunta agradece a Cojebro a súa iniciativa do Camiño Solidario Segurlike, que busca axudar ás persoas máis vulnerables de todo o país

A recaudación desta nova edición da peregrinaxe estará destinada a Cáritas Diocesanas para contribuír a mellorar a situación das zonas afectadas pola Dana


Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañou este mediodía aos participantes na VIII Edición do Camiño Segurlike Solidario, impulsado pola Asociación de Brokers de Seguros (Cojebro). Na súa chegada a Santiago, trasladoulles o agradecemento da Xunta pola súa iniciativa que busca axudar ás persoas máis vulnerables de todo o país a través dun símbolo como o Camiño.

Jacobo Rey avanzou que nesta nova edición todo o recaudado irá destinado a Cáritas Diocesanas co obxectivo de contribuír a mellorar a situación das familias e das persoas afectadas o pasado mes de novembro pola Dana en varias zonas da comunidade valenciana. Nesta ocasión, o Camiño solidario de Cojebro conta con máis de 200 participantes e doarase un euro por cada quilómetro percorrido por cada peregrino.

O director xeral agradeceu a Cojebro o seu compromiso coas causas solidarias a través dun elemento tan simbólico como o Camiño de Santiago. Neste senso, recalcou que ademais de fomentar unha sociedade máis xusta, esta iniciativa é fundamental para dar visibilidade á ruta Xacobea.