Nova

A Xunta avalía a remodelación do local de maiores de Oroso, na que investiu 18.000 euros

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destacou que a colaboración entre administracións e fundamental para mellorar este tipo de instalacións fundamentais para a veciñanza

 


Oroso (A Coruña), 24 de setembro de 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde de Oroso, Alexandre Doval, comprobou o estado da remodelación do local dos maiores deste concello. Durante a visita, lembrou que a Xunta destinou 18.000 euros a estas actuacións que permitiron renovar o mobiliario das instalacións.

A remodelación permitiu adquirir novas cadeiras, sofás, estantes, butacas e equipos de televisión para o uso e desfrute da veciñanza. Ademais desta mellora, o concello tamén realizou modificacións no sistema de iluminación, climatización e no chan do inmoble.

Nesta liña, Perfecto Rodríguez destacou que a colaboración entre administracións  é fundamental para mellorar este tipo de servizos que son fundamentais para a veciñanza. Así, detallou que este local cumpre unha función esencial na socialización dos veciños e impulsando o seu envellecemento activo.