Nova

A Xunta defende o acollemento familiar como medida preferente de protección da infancia en Galicia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica puxo en valor o traballo que desenvolven as entidades sociais deste ámbito, que están en contacto directo coas familias

Jacobo Rey tamén lembrou que este mesmo ano o Executivo autonómico aumentou as contías anuais destinadas a esta sistema


Lugo, 20 de setembro de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, trasladou esta mañá o compromiso da Xunta co acollemento familiar como medida preferente na protección da infancia. Durante o encontro autonómico de familias acolledoras explicou que nestes momentos a comunidade galega é a segunda coas mellores ratios deste modelo.

Jacobo Rey destacou a intensa colaboración entre o Executivo autonómico e as entidades sociais deste ámbito, que permite detectar as necesidades das familias e responder de xeito áxil. Deste xeito, explicou que este mesmo ano a Xunta aumentou as contías económicas para as familias acolledoras, que realizan un traballo fundamental para garantir que os nenos e adolescentes do sistema de protección poidan medrar nun fogar.

O director xeral lembrou que o sistema de protección autonómico é un dos máis integradores e inclusivos, ao tempo que indicou que está formado por pequenos recursos residenciais que seguen as dinámicas dunha vivenda tradicional. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na aposta da Xunta por fomentar o acollemento familiar e que nestes momentos se sitúa xa no 60%.