Nova

Belén do Campo asiste ao acto de conmemoración do Día da Merced no centro de inserción social Carmela Arias e Díaz de Rábago


A Coruña, 16 de setembro de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu hoxe ao acto conmemorativo do Día da Merced, patroa das Institucións Penitenciarias, que se celebrou como cada ano no Centro de Inserción Social (CIS) Carmela Arias e Díaz de Rábago.

Neste día recoñécese o labor dos profesionais de Institucións Penitenciarias, que traballan a diario para favorecer a reinserción social das persoas privadas de liberdade, así como a súa contribución á seguridade e á cohesión social.

O acto contou coa presenza de representantes do ámbito xudicial, forzas e corpos de seguridade, administracións públicas e entidades sociais que colaboran co CIS.

Con esta celebración, reafírmase o compromiso das institucións co labor penitenciario e co valor da reinserción como piar fundamental dunha sociedade máis xusta e inclusiva.