Nova
A Xunta acompaña a usuarios de varias residencias de maiores da Fundación San Rosendo na súa primeira xornada de peregrinación a Mondoñedo
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou a importancia destas iniciativas que fomentan a convivencia e o envellecemento activo das persoas maiores
Mondoñedo (Lugo), 18 de setembro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañou hoxe a un grupo de usuarios das residencias da Fundación San Rosendo de Xove, do Valadouro, da Pastoriza e de Baralla, na súa primeira xornada de peregrinación e convivencia en Mondoñedo.
O director xeral destacou a importancia de fomentar este tipo de iniciativas que son esenciais para a convivencia, o intercambio de experiencias entre os maiores que viven nestes centros residenciais. Deste xeito, lembrou que a Xunta de Galicia aposta firmemente por ofrecer ás persoas maiores actividades e programas que garantan o seu envellecemento activo e saudable.
Neste sentido, Antón Acevedo felicitou á entidade por impulsar esta primeira xornada de convivencia e trasladoulle o compromiso da Xunta para seguir camiñando da man co obxectivo de garantir o benestar de todos os maiores.