Nova
A Xunta enxalza a longa traxectoria de traballo e dedicación da Fundación San Rosendo a prol das persoas con discapacidade
Baños de Molgas (Ourense), 16 de setembro de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe na festa da Residencia de los Milagros acompañando aos usuarios e traballadores do centro. Durante a celebración, enxalzou a longa traxectoria de traballo e dedicación da Fundación San Rosendo a prol das persoas con discapacidade.
Neste sentido, a directora xeral fixo fincapé na estreita colaboración entre a entidade e a Xunta de Galicia a través da financiación de máis de 300 prazas nos seus centros residenciais con máis de 9,5M€, así como as achegas económicas con cargo ao 0,7% do IRPF para a posta en marcha de programas destinados á promoción da autonomía dos usuarios.
Ademais, durante a celebración Begoña Abeijón puido coñecer os traballos e proxectos que están realizando os usuarios, así como desfrutar das actuacións musicais que prepararon para conmemorar esta festividade.