Nova

A Xunta destaca a longa traxectoria de Proxecto Home Galicia durante a celebración da 31ª Festa da Solidariedade


Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2025

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na 31º edición da Festa de Solidariedade de Proxecto Home Galicia, que serviu para poñer en valor o labor que desenvolve a entidade e as persoas que forman parte dela na atención ás persoas máis vulnerables.

O director xeral destacou o labor desta entidade que mantén unha estreita colaboración da Xunta de Galicia que participa, entre outras cousas, no financiamento dos seus centros e programas. Ademais, eloxiou o traballo diario de todos os traballadores e voluntarios que compoñen Proxecto Home Galicia.