Nova
A Xunta fomenta o ocio saudable e a conciliación familiar cos seus campamentos de verán para persoas con discapacidade
O Carballiño (Ourense), 11 de setembro de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá aos participantes na última quenda do campamento que a Xunta desenvolve de xullo a setembro na súa Residencia de Tempo Libre do Carballiño. En concreto o Executivo galego habilitou 250 prazas, 75 delas neste complexo e que se desenvolveron ao longo de todo o verán en quendas de ata 15 persoas.
Esta última quenda que se celebra nas instalacións do Carballiño baixo o epígrafe ‘Aventura na natureza’ os participantes, con idades comprendidas entre os 26 e os 50 anos, poden desfrutan de actividades de ocio e tempo libre adaptadas e co apoio de profesionais especializados.
Begoña Abeijón, destacou a importancia desta programación estival, coa que se fomenta un ocio educativo e saudable, ao tempo que se facilita a conciliación ás familias. Este campamento forma parte da programación de verán que puxo en marcha a Xunta para persoas con discapacidade, e que se completa cos celebrados na Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).