Nova
A Xunta participa na entrega a ACEM do diñeiro recadado na Ruta Solidaria 091 organizada pola Policía Nacional
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou os 30 anos de traxectoria da entidade compostelá
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe no acto de entrega do recadado pola Policía Nacional na primeira edición da Ruta Solidaria 091 en favor da Asociación Compostela de Esclerose Múltiple, Párkinson, Esclerose Lateral Amiotrófica e outras enfermidades dexenerativas (ACEM).
Begoña Abeijón agradeceu á Policía Nacional a súa implicación para axudar aos usuarios, familiares e persoal de ACEM, que leva trinta anos contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e dos seus coidadores. Tamén destacou a importancia de eventos como esta Ruta Solidaria 091, celebrada o pasado mes de xuño, para dar máis visibilidade e concienciar á sociedade sobre a situación das persoas que teñen enfermidades dexenerativas.