Nova
A Xunta ultima o pintado e a renovación do equipamento da escola infantil de Ribadeo
Ribadeo, (Lugo) 29 de agosto de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, visitou hoxe a escola infantil pública Nosa Señora do Campo de cara ao inicio do curso escolar, que terá lugar o vindeiro venres, 5 de setembro.
A Xunta está a rematar os traballos de mellora deste centro, que inclúen o pintado exterior de toda o inmoble e a substitución de equipamentos interiores. Estas melloras complementan todas as obras de renovación e que se teñen realizado neste centro nos últimos anos, e que supuxeron a substitución de chans, a construción dun novo acceso exterior para situacións de emerxencia ou a dotación dunha entrada específica para os carros de bebés.
En total, a Xunta ten investido desde o ano 2021, máis de 125 euros na mellora desta escola infantil autonómica.