Nova

A Xunta participa no encontro das familias que durante o verán acolleron 305 nenos saharauís, no marco do programa ‘Vacacións en paz’


Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no encontro das familias e cativos do programa Vacacións en Paz.

Durante esta edición, as familias de ata 100 concellos galegos diferentes acolleron 305 cativos saharauís grazas a esta iniciativa de Sogaps – Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Así, Jacobo Rey volveu agradecer ás familias a súa boa disposición para a continuidade do programa e trasladou o compromiso da Xunta para seguir apoiando este programa, que conta anualmente con preto de 200.000 euros de achegas autonómicas.