Nova
A Xunta destaca a aposta de West Galicia por contribuír a diversificar a oferta de campamentos inclusivos orientados a persoas con discapacidade
A Coruña, 8 de agosto de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as actividades do campamento que organiza a asociación West Galicia no CEIP Curros Enríquez, na Coruña.
A directora xeral destacou a importancia de iniciativas coma esta que faciliten aos nenos e nenas con discapacidades desfrutar dunha maior oferta de actividades de verán. Así, puxo en valor o traballo de West Galicia, que pon a disposición das familias que o precisen este campamento durante 11 semanas do verán e que se estima que beneficiará a máis de 270 rapaces.
Neste sentido, recalcou que grazas ao apoio do tecido asociativo e aos campamentos da Xunta de Galicia para persoas con discapacidade, cada vez son máis as persoas con discapacidade que poden desfrutar dun verán con iniciativas adaptadas ás súas necesidades.