Nova

A Xunta destina 1 M€ anuais para financiar 35 prazas na nova residencia de Aspanaex, que xa está en funcionamento

A directora xeral de Persoas con Discapacidade destacou que o Executivo galego destina máis de 2,2M€ a esta entidade para sufragar 127 prazas de atención diúrna e residencial


Vigo, 2 de agosto de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta semana aos usuarios da nova residencia de Aspanaex en Vigo que comezou a funcionar este mesmo ano. Alí, avanzou que a Xunta de Galicia destinará anualmente máis dun millón de euros para financiar 35 prazas de atención residencial.

Begoña Abeijón tamén conversou coa nova directiva desta entidade para afondar nas súas necesidades e puxo en valor a estreita colaboración da Xunta con Aspanaex na atención ás persoas con discapacidade. Deste xeito, lembrou que o Executivo galego colaborou con algo máis de dous millóns de euros, de fondos europeos MRR, na construción do novo centro residencial en Vigo. 

Nesta liña, a directora xeral destacou que nestes momentos o Executivo galego destina máis de 2,2 millóns de euros á entidade para sufragar un total de 127 prazas, 35 na nova residencia e 92 no centro de día e ocupacional que está na rúa dos Mestres Goldar.