Nova

A Xunta felicita á organización do Arousaman & Arousawomen, que cumpre dez anos visibilizando os dereitos das persoas con dano cerebral


Ribeira (A Coruña), 26 de xullo de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, recibiu esta mañá na praia de Coroso aos participantes no Arousaman & Arousawomen, que cruzaron a nado a ría de Arousa, co obxectivo de recaudar fondos para a asociación Dano Cerebral Compostela.

Durante o encontro, a directora xeral agradeceu unha vez máis á organización o seu labor a prol das persoas con dano cerebral e puxo en valor os dez anos desta proba solidaria, un referente na visibilización das necesidades e dereitos das persoas con discapacidade.