Nova
A Xunta reivindica o apoio ás persoas LGBTI en todos os ámbitos sociais para seguir consolidado os seus dereitos
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na xornada de sensibilización de Comisión Obreiras Actuando fronte aos acosos na empresa: medidas LGTBIQA+ na negociación colectiva. Na súa intervención destacou a necesidade de seguir traballando para dar visibilidade ao colectivo LGBTI en todos os ámbitos sociais para consolidar os seus dereitos.
María Quintiana fixo fincapé no traballo que desenvolve a Xunta de Galicia nesta materia, conseguindo grandes avances nos últimos anos e poñendo a disposición da comunidade LGBTI máis recursos e iniciativas. Deste xeito, lembrou que o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero acaba de aprobar o Protocolo de atención sanitaria ás persoas trans e que os Centros de Información á Muller son un punto de asesoramento e acompañamento para as persoas LGBTI, desde hai meses xa cun protocolo específico de atención aprobado tamén polo Observatorio galego.