Nova
Belén do Campo participa no acto organizado pola ONCE con motivo do Día Internacional das Persoas con Sordocegueira
A delegada da Xunta destacou que segundo os datos da propia ONCE esta realidade afecta a 15 de cada 100.000 habitantes. En España, estímase que hai arredor de 9.000 persoas con sordocegueira, das cales máis de 3.500 están afiliadas á ONCE
No acto presentouse o cupón para conmemorar o Día Internacional de Persoas con Sordocegueira, o 27 de xuño, que sairá á venta mañá
A Coruña, 25 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou no acto organizado pola Fundación ONCE para conmemorar o Día Internacional de Persoas con Sordocegueira , e lembrou que esta data celébrase o venres 27 de xuño. Na súa intervención a representante do Goberno autonómico destacou que a sordocegueira é unha discapacidade única, porque afecta a unha mesma persoa unha discapacidade visual e outra auditiva polo que alertou que “estamos ante unha situación de especial vulnerabilidade, pois aumenta o risco de illamento e as dificultades de comunicación, aspectos esenciais para o desenvolvemento persoal e a participación social”. No acto presentouse o cupón para conmemorar o Día Internacional de Persoas con Sordocegueira, o 27 de xuño, que sairá á venta mañá.
Nesta liña, destacou que segundo os datos da propia ONCE esta realidade afecta a 15 de cada 100.000 habitantes. En España, estímase que hai arredor de 9.000 persoas con sordocegueira, das cales máis de 3.500 están afiliadas á ONCE.
Belén do Campo subliñou que a Fundación ONCE para a Atención a Persoas con Sordocegueira realiza unha labor exemplar, ofrecendo cobertura a estas persoas con dúas liñas específicas de acción, con presenza en todas as comunidades. Por unha banda a través da Unidade Técnica de Xordocegueira (UTS), con tecnoloxía e profesionais que apoian a súa inclusión e por outra a través da Fundación ONCE para a Atención a Persoas con Xordocegueira (FOAPS). Esta unidade conta cun equipo de máis de 140 mediadores que, só no ano 2024, prestaron máis de 95.000 horas de mediación e apoio directo. Concretamente, en Galicia a ONCE conta con 9 mediadores para ofrecer servizos a 40 persoas sordocegas.
Estes servizos son posibles en Galicia grazas, entre outras vías, ao apoio da Xunta de Galicia a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF que benefician, este ano, a 155 entidades sociais en Galicia e á o Goberno galego destina 33 M€. En total, estas axudas facilitarán o desenvolvemento de 744 programas e proxectos, entre eles o da Fundación ONCE.
A delegada explicou que o obxectivo da Xunta con estas achegas é continuar apoiando ao tecido asociativo e traballando da súa man para que as persoas máis vulnerables conten cos recursos que necesitan para desenvolver o seu proxecto de vida.
Belén do Campo referiuse tamén a outra excelente iniciativa neste eido como é a creación e implementación do Sistema Dactyls, unha nova forma de de comunicación adaptada ás persoas con sordocegueira, que mellora a comprensión e facilita o acceso á información.
A representante do Goberno autonómico rematou trasladando o compromiso da Xunta para acadar entre todos unha integración real algo que require vontade, recursos e cooperación. Neste punto, lembrou que entre os recursos de cooperación tamén destaca no ámbito da educación o convenio que a Xunta ten coa Fundación ONCE para a mellora da atención educativa do alumnado con ceguera ou deficiencia visual grave, dando apoio a 319 estudantes galegos, investindo preto de 350.000 euros e que incrementouse nun 8% no ultimo ano.
Por iso, engadiu, “seguiremos traballando da man das entidades sociais como a Fundación ONCE, para garantir que as persoas con sordocegueira conten cos apoios necesarios para levar unha vida plena e autónoma”