Nova
A Xunta pon en valor o traballo das entidades sociais na integración social das persoas refuxiadas
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou a sede da asociación Movemento pola paz, o Desarme e a Liberdade para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.
Arturo Parrado puxo en valor o traballo de todas as entidades que traballan para facilitar a integración social e laboral das persoas refuxiadas. Así, destacou que a colaboración entre as Administracións e o tecido asociativo é fundamental para seguir avanzando nunha Galicia máis xusta e solidaria.