Nova
A Xunta mellorará as instalacións da súa escola infantil en Carnota antes do inicio do vindeiro curso
Destinaranse 30.000 euros a renovar varias aulas e a sala de usos múltiples e comedor, así como a pintar as paredes e o teito
Carnota (A Coruña), 19 de xuño de 2025
A Xunta mellorará as instalacións da súa escola infantil en Carnota este verán, para o que investirá 30.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, anunciou hoxe estas obras durante unha visita ao centro na que estivo acompañado do alcalde do concello, José Manuel Saborido.
Os traballos afectarán ao interior da escola e consistirán na renovación de dúas aulas e da sala de usos múltiples e comedor, coa colocación nestes espazos de novo pavimento de PVC. Así mesmo, pintaranse as paredes e teitos do inmoble. As obras levaranse a cabo durante o mes de agosto, coincidindo co peche do centro polas vacacións estivais.
Perfecto Rodríguez explicou que as obras serán financiadas de maneira integra polo Consorcio, a través dun convenio de colaboración co concello que se asinará nos vindeiros días. Pola súa banda, o concello encargarase de contratalas e executalas.
Esta actuación enmárcase no programa de melloras de equipamentos que forman parte da rede publica do Consorcio, tanto escolas infantís como centros de maiores. Este tipo de intervencións se levan a cabo ao longo de todo o ano e, no caso, das escolas aprovéitanse, sempre que é posible, os períodos non lectivos para realizalas.