Nova

A Xunta avalía con EAPN-Galicia as liñas de actuación no ámbito da inclusión social


Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reuniuse hoxe coa xunta directiva e o equipo técnico de EAPN Galicia - Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social, nun encontro que se enmarca nas xuntanzas periódicas que se manteñen coa entidade para analizar distintas cuestións relativas a este ámbito.

Na reunión desta mañá analizáronse, entre outras cuestións, as convocatorias de axudas dirixidas a entidades de iniciativa social que ten en marcha a Administración autonómica, entre elas a orde de achegas con cargo 0,7 % do IRPF aprobada recentemente en Consello e que en vindeiras datas se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG). A través desta liña de subvencións, a Xunta destina máis de 33 M€ a programas centrados na protección da infancia, na atención ás persoas maiores e con discapacidade, en favor da inclusión social ou da promoción da igualdade e da loita contra a violencia de xénero.