Nova

A Xunta felicita á fundación TDAH Salnés polo seu décimo aniversario e comprométese a seguir apoiando o seu labor na comarca


Vilanova de Arousa (Pontevedra), 14 de xuño de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta tarde na gala benéfica organizada con motivo do décimo aniversario da Fundación TDAH Salnés. O evento, que tivo como obxectivo recadar fondos para continuar co labor de apoio ás persoas con TDAH, incluíu espectáculos de música, danza, maxia e humor.

Durante a gala, a directora xeral felicitou a TDAH Salnés por unha década de apoio e compromiso cos nenos e nenas con trastornos de déficit de atención e hiperactividade. Neste sentido, destacou o traballo que desenvolve esta entidade e mostrou o apoio da Xunta de Galicia ás actividades e programas que ten en marcha nesta comarca. Esta colaboración traduciuse en diversas achegas económicas a esta entidade nos últimos anos para o desenvolvemento de programas de atención e formación.