Nova

A delegada da Xunta en Ferrol súmase á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas


Ferrol, 13 de xuño de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá nos actos conmemorativos que, con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, organizou a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, co fin de poñer o foco nos dereitos lingüísticos deste colectivo.

Aneiros chegouse á mesa informativa disposta no centro comercial Portanova onde incidiu na importancia de darlle visibilidade a esta ferramenta comunicativa da que destacou o seu valor inclusivo e cultural.

Escolares de distintos centros educativos da cidade pasaron polas instalacións da entidade para participar nos xogos didácticos sobre a lingua de signos e o braille que se desenvolveron durante a xornada na que tamén se procedeu á lectura dun manifesto.