Nova

A Xunta financia a renovación do mobiliario do local de maiores de Oroso

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asina un convenio de colaboración co alcalde, Alexander Doval


Oroso (A Coruña), 12 de xuño de 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Oroso, Alexander Doval, para mellorar o local dos maiores do concello. O ente autonómico financiará con preto de 18.000 euros a renovación do mobiliario deste local que comparte inmoble co Xulgado de Paz.

Con esta achega da Xunta, o concello adquirirá cadeiras, estantes, sofás, butacas ou equipos de televisión, entre outros elementos. Esta mellora súmase a outras actuacións que ten en marcha o concello nestas instalacións, como son o cambio dos sistemas de iluminación e climatización ou o pintado e a instalación de tarima flotante.

Perfecto Rodríguez enmarcou este acordo na necesaria colaboración entre administracións para mellorar os servizos e equipamentos de carácter social.