Nova

Ana Ortiz inaugura as actividades de fin de curso do centro sociocomunitario de Rivera Atienza


Vigo, 6 de xuño de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, inaugurou este luns as actividades de fin de curso organizadas polo Centro Sociocomunitario de Rivera Atienza, un dos nove centros que o Goberno galego xestiona na área viguesa.

O programa de actividades converten estas instalacións no epicentro de ocio do barrio vigués e inclúen obradoiros temáticos, charlas, clases de ximnasia, ioga, tai chi e pilates, de informática, manualidades, pintura, teatro, poesía ou baile.

A representante autonómica destacou que os nove centros dos que a Xunta dispón en Vigo (Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario), Redondela, Baiona e O Porriño mobilizan anualmente a máis de 13.000 usuarios con preto de 400 actividades.