Nova

A Xunta enxalza o papel dos ‘IX Encontros para o emprego’ como referente na inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables

O director xeral de Inclusión Social destacou que esta iniciativa é un punto de encontro para empresas e axentes sociais que traballan con persoas en risco de exclusión


Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na inauguración dos IX Encontros para o emprego que promove a entidade social Acción contra el hambre.  Neste encontro, destacou que esta iniciativa é un referente na inclusión sociolaboral das persoas e colectivos máis vulnerables.

Arturo Parrado agradeceu tamén o labor da entidade que organiza este evento co obxectivo de poñer en contacto a persoas en situación de vulnerabilidade con representantes de empresas para que poidan presentar as súas ofertas e realizar entrevistas de traballo. Ao respecto, o fixo fincapé na importancia de impulsar oportunidades laborais destinadas ás persoas en risco de exclusión para mellorar a súa integración.

Nestea liña, Arturo Parrado lembrou que esta organización é unha das beneficiarias das axudas do Executivo galego para inclusión sociolaboral. En concreto, nos últimos anos a Xunta concedeu a Acción contra el hambre preto de 424.000 euros a través de varias convocatorias de achegas para entidades sociais.