Nova
A Xunta pon en valor o compromiso empresarial de Vegalsa-Eroski coa plena integración
Begoña Abeijón aposto polo traballo conxunto de administracións, entidades e empresas para avanzar nunha sociedade máis inclusiva, acolledora e sostible
Oleiros (A Coruña), 30 de maio de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, agradeceu que haxa empresas comoo Vegalsa-Eroski, cuxo modelo de negocio se basea en xerar un impacto positivo na sociedade. Díxoo na Xornada de Responsabilidade Social Empresarial organizada por este grupo.
Begoña Abeijón manifestou que a busca dunha sociedade máis inclusiva, acolledora e sostible pasa porque as administracións e empresas traballemos da man, e porque xeremos alianzas para traballar en común pola igualdade de oportunidades, pola inclusión social, por un mundo accesible para todos e por non deixar a ninguén atrás.