Nova
Martina Aneiros celebra a festa dos Maios cos usuarios da Asociación AFAL Ferrolterra
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta tarde o centro de día da rede pública de alzhéimer da Xunta xestionado pola asociación AFAL Ferrolterra na antiga Casa do Mar para participar na festa dos Maios organizada no marco do programa 12 meses, 12 festas. Ademais da elaboración das construcións vexetais típicas desta festa, os maiores gozaron da música da charanga da asociación cultural Vai Rañala Meu e dunha merenda de confraternización.