Nova

A Xunta asina co Concello de Marín un novo convenio para que o alumnado do obradoiro de emprego municipal realice prácticas no centro de día público autonómico

Estas prácticas de carácter non laborais serve para completar a súa formación na especialidade de Atención Sociosanitaria


Marín (Pontevedra), 29 maio de 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa, María Ramallo, asinaron hoxe o convenio de colaboración para que o alumnado do obradoiro de emprego municipal da especialidade de Atención Sociosanitaria poida realizar as súas prácticas no centro de día da Xunta de Galicia. Unha acción esencial para contribuír á formación do alumnado no sector dos coidados.

Durante o tempo que duren as prácticas non laborais os alumnos ocuparanse de planificar tarefas para actividades de apoio ao usuarios do centro de día, realizarán intervencións de carácter psico-social baixo a orientación técnica dos profesionais do centro e levarán a cabo actividades relacionadas coa súa integración na comunidade, entre outros labores propias do funcionamento diario do centro.

Perfecto Rodríguez explicou que o Consorcio ten asinados con outros concellos acordos como o subscrito esta mañá con Marín que permiten aos alumnos ampliar os seus coñecementos e desenvolver as súas primeiras experiencias laborais nun centro de maiores. Ademais, coa vantaxe de que poden facelo preto do lugar no que residen, sen necesidade de desprazarse longas distancias.