Nova

A Xunta destaca que o encontro musical ‘Festivala’ supón un referente na reivindicación do papel das mulleres no sector da cultura

María Quintiana participou na presentación deste evento, que conta co apoio da Xunta de Galicia, que se celebra o 31 de maio e que homenaxea a todas as cantareiras galegas


Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 24 de maio de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na presentación do encontro musical Festivala impulsado pola asociación O soño de Lilith e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Este ano, o festival está dedicado ás cantareiras e a todas as mulleres do sector musical.

Neste sentido, María Quintiana sinalou que este encontro, que se celebrará o 31 de maio, dá visibilidade ás mulleres da industria musical e da cultura en xeral, recoñecendo o seu traballo e legado á cultura galega. Deste xeito, preténdese reivindicar o súa aportación que durante moitos anos estivo careceu do recoñecemento que debera.

Este evento forma parte dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que dá cobertura a todas as grandes citas e espectáculos musicais en 2025: máis de 90 actividades e 700 artistas en 50 localizacións. Ademais, Festivala conta tamén co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.