Nova
A Xunta reúnese cos representantes galegos da infancia e da adolescencia para escoitar as súas propostas no eido deportivo
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, presidiu esta mañá o pleno do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia da Xunta (CAIA). Neste encontro, que contou coa participación da subdirectora xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, Belia Méndez, que trasladou aos participantes as medidas que se están levando a cabo desde a Administración autonómica no eido deportivo, centradas na infancia e adolescencia.
Nesta liña, Jacobo Rey reiterou o compromiso do Executivo galego de seguir escoitando aos máis novos e darlle resposta as súas demandas. Ademais, felicitou a toda a organización do CAIA polo seu traballo e aproveitou para felicitar aos novos membros deste Consello.