Nova
A Xunta recoñece o labor da Fundación Celta e das súas escolas deportivas na promoción da inclusión a través do deporte
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta tarde na presentación da escola deportiva Celta Integra en Santiago. Durante o acto, trasladou o recoñecemento da Xunta de Galicia á Fundación Celta que promove este proxecto de inclusión a través do deporte.
Neste sentido, Abeijón destacou a importancia de promocionar o deporte inclusivo entre os mozos e mozas a través de entidades recoñecidas como a Fundación Celta, á que trasladou o agradecemento de todo o Executivo galego por reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade. Ao respecto, sinalou que este tipo de iniciativas son imprescindibles para seguir avanzando nunha Galicia máis xusta e inclusiva.