Nova
A Xunta aposta pola formación continuada dos profesionais do sector sociosanitario para seguir mellorando a atención ás persoas dependentes
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, deu a benvida aos participantes que asisten ao curso de formación e capacitación para directores de centros residenciais e que se celebra hoxe na Escola Galega de Administración Pública.
O director xeral sinalou que estas iniciativas son unha mostra máis do compromiso da Xunta de Galicia pola formación continuada cara ós profesionais que traballan cada día no sector sociosanitario. Deste xeito, explicou que a través destas actividades búscase dotar a todo o persoal das ferramentas e coñecementos técnicos para seguir mellorando a atención de todas as persoas dependentes.