Nova
A Xunta destaca que encontros como a Festa do Maior de Castrelo de Miño impulsan o envellecemento activo
Castrelo de Miño (Ourense), 3 de maio de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participaron hoxe na IV Festa do Maior de Castrelo de Miño, onde puxeron en valor este tipo de encontros, que fomentan o papel activo das persoas maiores na sociedade.
Acevedo aproveitou esta cita para coñecer de primeira man as inquietudes dos maiores deste concello ourensán. Ademais, lembrou que Castrelo de Miño conta con dúas casas do maior que achegan aos maiores actividades de envellecemento activo sen necesidade de abandonar a súa contorna habitual.